Niðurhal

Fjarlægð

11,08 km

Heildar hækkun

316 m

Tæknilegir erfiðleikar

Miðlungs

Lækkun

316 m

Hám. hækkun

151 m

Trailrank

63 5

Lágm. hækkun

6 m

Tegund leiðar

Hringur

Hnit

325

Hlaðið upp

18. ágúst 2021

Tekið upp

ágúst 2021
  • Einkunn

     
  • Upplýsingar

     
  • Auðvelt að fylgja

     
  • Landslag

     

Senda í GPS tækið þitt

Sæktu leiðir frá Wikiloc beint á Garmin, Apple Watch eða Suunto.

Sækja Wikiloc Premium Uppfæra til að fjarlægja auglýsingar
Senda í GPS tækið þitt Senda í GPS tækið þitt
Vertu fyrst/ur til að klappa
1 athugasemd
 
Deila
-
-
151 m
6 m
11,08 km

Skoðað 388sinnum, niðurhalað 31 sinni

nálægt Donòn, Galicia (España)

Distancia: 11,1 km
Duración: 3 horas
Elevación mínima: 6 m
Elevación máxima: 151 m
Ascenso total: 227 m
Descenso total: 229 m

cast.
El Espacio Natural Costa da Vela, declarado Lugar de Interés Comunitario (LIC), es el punto más occidental de la península del Morrazo. Este es un mundo virgen en el que el mar y los pinos son los dueños del paisaje. Comprende la franja de litoral que se extiende desde Punta de Couso hasta cerca de la localidad de Nerga, en el término municipal de Cangas entre las rías de Vigo y Pontevedra.
Aquí las vistas son de una belleza espectacular, como la puesta de sol desde el faro de Cabo Home, uno de los más altos de Galicia. O los acantilados de Donón, de más de 150 m de altura y contra los que el mar golpea con furia. O la playa de Melide, con las Islas Cíes al frente, casi al alcance de la mano, y desde la que no es raro ver delfines jugando en el agua. O en la ría de Vigo, las paradisíacas playas de Nerga, Viñó y Barra, esta última nudista, de aguas cristalinas y rodeadas de pinos que llegan casi hasta la arena. Y dominando el cielo y la tierra, el mítico Monte do Facho, antiguo castro y santuario celta.

gal.
O Espazo Natural da Costa da Vela, declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC), é o punto máis occidental da península do Morrazo. Este é un mundo virxe no que o mar e os piñeiros son os donos da paisaxe. Comprende a franxa de litoral que se estende desde a Punta de Couso ata preto da poboación de Nerga, no concello de Cangas entre as rías de Vigo e Pontevedra.
Aquí as vistas son dunha beleza espectacular, como a posta do sol dende o Faro de Cabo Home, un dos máis altos de Galicia. Ou os acantilados de Donón, de máis de 150 m de altura e contra os que o mar bate furioso. Ou a praia de Melide, coas Illas Cíes en fronte, case ao alcance da man, e desde a que non é raro ver a golfiños xogando na auga. Ou xa na ría de Vigo, as paradisíacas praias de Nerga, Viñó e Barra, esta última nudista, de augas transparentes e rodeada de piñeiros que chegan case ata a area. E dominando o ceo e a terra, o mítico Monte do Facho, antigo castro e santuario celta.

Skoða meira external

Varða

Inicio de SENDEIRO AZUL (ROTEIRO DE DONÓN)

Varða

Fin de SENDEIRO AZUL (ROTEIRO DE DONÓN)

Mynd

A Caracola de Donón

  • Mynd af A Caracola de Donón
cast. Es una escultura en metal realizada por el artista de Moaña Lito Portela en 2005. La estructura de tubos de acero toma la forma de un caracol marino que envuelve al visitante para que pueda escuchar el mar dentro de la caracola o contemplar el impresionante sol en el Atlántico. gal. Trátase dunha escultura metálica feita polo artista moañés Lito Portela no ano 2005. A estrutura de tubos de aceiro adopta a forma dunha caracola mariña que envolve ao visitante para que poida escoitar o mar dentro da buguina ou contemplar as impresionantes postas de sol no Atlántico.
Malbik endar

Camiño dos Lameiros

  • Mynd af Camiño dos Lameiros
cast. El topónimo "Camiño dos Lameiros" es el nombre con el que los vecinos de Donón conocen este camino empedrado. En el pasado y tradicionalmente los lugareños reparaban este camino cada Jueves Santo, y según la tradición solo los hombres podían arreglarlo ese día. gal. O topónimo "Camiño dos Lameiros" é o nome co que a xente de Donón coñece este camiño empedrado. Antigamente e tradicionalmente os veciños reparaban esta calzada cada Xoves Santo, e polo que conta a tradición só o podían arranxar os homes ese día.
Rústir

Aldea de Punxeiro

  • Mynd af Aldea de Punxeiro
cast. Los restos del pueblo de "Punxeiro" o "Ascortes" se encuentran en la vertiente oriental del Monte Facho, junto al camino tradicional que une Donón y Vilanova. Se localizaron un total de 8 estructuras correspondientes a viviendas u otros espacios de uso doméstico que pudieran ser utilizados para almacenamiento o para animales. Los edificios encontrados son humildes, de planta rectangular y de reducidas dimensiones, y aunque están muy deteriorados, a veces conservan la suficiente elevación como para que aún podamos ver las aberturas en las pequeñas ventanas. Su construcción es muy sencilla, utilizando piedras de granito irregulares de varios tamaños, colocadas en seco. En algunas paredes hay piedras con marcas (huecos para las puertas, eslabones y pequeños huecos) similares a otras encontradas en el Castro do Facho para que puedan ser elementos reutilizados. Dado que se han encontrado fragmentos de tejas, se puede suponer que este era el sistema de techado. Aunque el pueblo se conoce actualmente como As Cortes, en la documentación consultada aparece como Punxeiro. El pueblo ciertamente estuvo habitado en tiempos modernos, aunque hay indicios que nos hacen pensar que su origen podría ser mucho más antiguo, llegando incluso a la Edad Media. Fue abandonado durante el siglo XVIII, cuando el río "se secó", cuando el manantial de abastecimiento de agua del pueblo se agotó. En los últimos tiempos parte de estas casas se han reutilizado como cortes para la ganadería, dando lugar así al popular nombre de "As Cortes". gal. Os restos da aldea de "Punxeiro" ou "Ascortes" atópanse na ladeira leste do Monte Facho, á beira do camiño tradicional que une Donón e Vilanova. Localizáronse un total de 8 estruturas correspondentes a vivendas ou outros espazos de uso domésticos que poderían utilizarse para a almacenaxe ou para os animais. As edificacións atopadas son humildes, de planta rectangular e de reducidas dimensións, e aínda que están moi derrubadas, en ocasións conservan suficiente alzado para que podemos ver aínda os vans das pequenas ventás. A súa construción e moi sinxela, empregando pedras irregulares de granito de diversos tamaño, colocadas en seco. Nalgúns muros obsérvanse pedras con marcas (rebaixes para as portas, engarces e pequenos buracos) similares a outras atopadas no Castro do Facho polo que poderían ser elementos reaproveitados. Dado que se atoparon fragmentos de tella, cabe supoñer que ese foi o sitema de teitado. Aínda que a aldea é coñecida actualmente como As Cortes, na documentación consultada aparece como Punxeiro. Con toda seguridade a aldea estivo habitada en época Moderna, se ben hai indicios que nos fan pensar que a súa orixe podería ser moito máis antiga, chegandpo incluso á Idade Media. Foi abandonada durante o século XVIII, cando se "secou o río", cando se esgotou o manantial de abastecemento de auga da aldea. En época recente parte dqas vivendas foron reutilizadas como cortes para o gando, dando así orixe ao nome popular de "As Cortes".
Fornleifasvæði

Castro de Beróbriga no Monte do Facho

  • Mynd af Castro de Beróbriga no Monte do Facho
  • Mynd af Castro de Beróbriga no Monte do Facho
cast. En el extremo occidental de la península del Morrazo, individualizado de su entorno y elevado sobre el océano, el Monte do Facho ha acogido a lo largo de los siglos diferentes expresiones de la vida en la región, que son también la historia de Galicia. Primero, desde el siglo X a. C. hasta el siglo VII a. C., existía una aldea en la vertiente oriental de la que tenemos poca información, salvo la de su excepcional tamaño. Desde el siglo VI a. C. surge el castro galaico, villa fortificada que perdurará hasta el siglo I a.C. Desde él todavía podemos ver parte de los muros, el foso, las piedras que componían sus casas y hoy cubren las laderas de la montaña, los vertederos de basura en las afueras del pueblo o la topografía actual de la montaña que se deriva tanto del construcción del pueblo y de la configuración natural. Posteriormente, un santuario erigido en la cima recogerá las antiguas creencias de quienes vivieron en el castro, para darles a lo largo de los siglos III al IV d.C., un nuevo carácter, ahora marcado por el proceso de asimilación dela cultura latina en la región del Imperio Romano, llamada Gallaecia. Finalmente, en el siglo XVIII, se construyó con fines militares el puesto de vigilancia costera, desde el que se levanta la garita. gal. No extremo occidental da Península do Morrazo, individualizado do seu contorno e elevado sobre o océano, o Monte do Facho acolleu ao longo de séculos distintas expresións da vida na comarca, que o son tamén da Historia de Galicia. En primeiro lugar, desde o século X a.C. ata o século VII a.C., existiu un poboado na ladeira este do que a penas temos información salvo a do seu excepcional tamaño. A partir do século VI a.C. xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a.C. Del aínda podemos ver parte das murallas, o foso, as pedras que conformaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construción mesma do poboado como da configuración natural. Posteriormente, un santuario levantado sobre o cumio vai recoller as vellas crenzas dos que viviran no castro, para dotalas ao longo dos séculos III ao IV d.C., dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano, chamada Gallaecia. Finalmente no século XVIII constrúese o posto de vixilancia costeira con fins militares do cal está en pé a garita.
Fallegt útsýni

O Facho de Donón

  • Mynd af O Facho de Donón
  • Mynd af O Facho de Donón
Fuglaskoðunarstaður

Miradoiro de Cabo Home

  • Mynd af Miradoiro de Cabo Home
Mynd

Faro de Cabo Home

  • Mynd af Faro de Cabo Home
  • Mynd af Faro de Cabo Home
cast. Este faro se encuentra en la punta de Cabo Home, la parte más occidental de la península de Morrazo. Es cilíndrico y de color blanco. Es una de las torres de balizamiento más altas de toda la costa gallega. Construido en 1853, con 18 metros de altura y una luz que alcanza los 12 km. Marca la entrada a la ría de Vigo entre las Islas Cíes y la Costa da Vela. La densa niebla que invade la costa ha provocado que desde 1888 el faro tenga en muchas ocasiones una sirena, apodada la "Vaca de Fisterra", como el mítico faro de la Costa da Morte, para advertir a los navegantes del peligro existente. gal. Este faro atópase na punta de Cabo Home, a parte máis occidental da península do Morrazo. É cilíndrico e de cor branca. É unha das torres baliza máis altas de todo o litoral galego. Construído no ano 1853, con 18 metros de altura e unha luz que alcanza os 12 km. Sinala a entrada de ría de Vigo entre as Illas Cíes e a Costa da Vela. A densa néboa que invade a costa frecuentemente provocou que desde 1888 o faro contase cunha sirena á que se lle puxo o alcumo da “Vaca de Fisterra”, como a do mítico faro de Costa da Morte, para avisar aos navegantes do perigo existente.
Mynd

Faro de Punta Robaleira

  • Mynd af Faro de Punta Robaleira
  • Mynd af Faro de Punta Robaleira
É o segundo dos faros que se atopa no extremo de Cabo Home, moito máis achatado que o anterior. Consta dunha torre cilíndrica en pedra, cunha pequena terraza con vistas á ría. A súa cor vermella faino facilmente identificable. É de propiedade pública e data do 1918. Pódese acceder a el sen ningunha dificultade a pé, por calquera das sendas que discorren por Cabo Home, estando a pouca distancia do faro de Cabo Home.A súa luz emite cun alcance de 12 km. Xunto a este faro destaca un cruz de pedra en recordo a un mariñeiro chamado Pepe Ruíz, que fai algúns anos, debido a unha a avaría no motor da súa embarcación, foi arrastrado polas correntes cara ás rocas, sen que ninguén puidese axudarlle a salvar a súa vida.
Strönd

Praia de Melide

  • Mynd af Praia de Melide
  • Mynd af Praia de Melide
Enmarcada por tres faros e dentro dun Espazo Natural Protexido, o areal de Melide conta cuns 250m de longo. Coa súa area fina e branca convértese nunha praia ideal para o lecer pola súa zona de árbores e o seu sistema dunar, estabilizado por bosques de piñeiros e matogueira de toxo.
Mynd

Faro de punta Subrido

  • Mynd af Faro de punta Subrido
É o terceiro dos faros que regulan a entrada de embarcacións na ría de Vigo en dirección sur. Moi similar ao faro de cabo Home, este distínguese porque ten dous pisos en vez de tres como o anterior. A torre é cilíndrica, en cor branco e coa base de cor azul. Mide 13 metros e está construído a 53 metros sobre o nivel do mar. A súa luz ten un alcance de 10 millas.
Rústir

Antiga Fábrica de Salga de Punta Fuxiño

  • Mynd af Antiga Fábrica de Salga de Punta Fuxiño
  • Mynd af Antiga Fábrica de Salga de Punta Fuxiño
A fábrica situárase ao pé do monte de Melide, na marxe dereita da ría de Vigo, nunha zona da enseada de Barra abrigada dos ventos dominantes do suroeste e do nordés pero de non doado acceso dende o mar, por atoparse nunha zona rochosa e a uns cinco metros por riba da baixamar. O almacén de salga fora construído posiblemente a comezos da segunda metade do século XIX, case na mesma liña do mar, na ribeira de levante do monte de Melide, ao abeiro dos ventos do nordés e do suroeste. Por atoparse nunha zona rochosa e a uns cinco metros por riba da baixamar, sen rampla nin peirao, o acceso non sería moi doado para as embarcacións, que terían que aproveitar as propias rochas da costa para facilitar as tarefas de embarque e desembarque. Un impoñente muro de perpiaño que sube dende a mesma beiramar ata o mesmo pé da edificación, actúa como contención do terreo e protexe o terraplén da acción do mar. Non temos datos certos da súa construción, pero cabe supor que seguiría a disposición común nas máis modestas fábricas almacéns da época, cunha serie de píos ou lagares para a salga tradicional do peixe, sen zona de prensado para o peixe salgado. A edificación, que podería datarse nos finais da primeira metade do século XIX, con melloras construidas na segunda, está feita a base de perpiaño de granito con planta rectangular. De planta baixa, ten cuberta a dúas augas con tella do país sobre armadura de madeira.
Strönd

Praia de Barra

  • Mynd af Praia de Barra
  • Mynd af Praia de Barra
Terceira praia da ensenada de Nerga, separada de Viñó por unhas pequenas rochas. Situada nunha zona protexida da rede Natura 2000. Praia sen fumes. Praia de tradición nudista.

1 athugasemd

  • Mynd af rosaleo1648

    rosaleo1648 13. sep. 2021

    Ég hef fylgt þessari leið  staðfest  Skoða meira

    muito bonita

Þú getur eða þessa leið